Unha florería de Poio agasalla ramos de flores entre os veciños da súa rúa

POIO> Unha florería de Poio puxo ás portas do seu local ramos de flores para que os veciños da zona alegren as súas casas.

A idea é que aqueles que se acheguen ata as proximidades da florería, por exemplo a tira-lo lixo ou de camiño á tenda, aproveiten para coller unhas poucas flores para levar… totalmente de balde.

A iniciativa está acompañada dun cartel, no que os responsables do establecemento aproveitan para lanzar unha mensaxe de ánimo ós seus veciños.

Disflora está situada na rúa Benigno Esperón, en Poio, así que xa saben… se viven pola zona aproveiten para facerse cunhas poucas flores para facer un chisco máis agradable o seu confinamento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí