Muros oferta un curso de manexo do móbil para persoas maiores

MUROS> A actividade, organizada polo departamento de Servizos Sociais, desenvolverase en Muros e Esteiro a partir da vindeira semana. O concello de Muros organiza un curso de iniciación e nivel medio no manexo do teléfono móbil destinado a persoas maiores do municipio. O curso, que se impartirá en Muros e Esteiro, dará comezo xa a vindeira semana. Aínda que o prazo de inscrición está rematado, aínda quedan prazas vacantes, polo que os interesados poden facelo dirixíndose ó departamento de Servizos Sociais.