O pleno de Rianxo aproba a compra do Pazo de Rianxiño para albergar o centro de día

RIANXO> Tras nove meses de peche no concello, os maiores de Rianxo recibiron con xúbilo esta boa nova. O executivo local iniciou xa os contactos para a adquisición do pazo de Rianxiño, lugar elixido para albergar o futuro centro de día posto que conta coas instalacións axeitadas, dotado de cociña e habitacións. O concello agarda contar co apoio da Deputación da Coruña que, no seu día, comprometera o cincuenta por cento do financiamento do centro. Tamén buscarán vías alrternativas a través doutras administracións ou outro tipo de entidades como fundacións. Ademais de contar con tan demandado servizo, a compra do pazo permitirá recuperar unha peza tan emblemática para o patrimonio municipal.