Cores Tourís visita o soterramento da liña de alta tensión en Monteporreiro

PONTEVEDRA> O delegado da Xunta en Pontevedra achegouse ata o barrio de Monteporreiro. Alí asistiu ao inicio das obras de soterramento da liña de alta tensión. Unha acción pola que Unión Fenosa desembolsará 1,5 millóns de euros neste proxecto, co que antes de un ano se desmontarán 10 torres de alta tensión.
Cores Tourís visitou o barrio de Monteporreiro, na capital da provincia, coa intención de visitar a zona onde comezaron as obras, que Unión Fenosa levará a cabo a fin de soterrar a liña de alta tensión.
Fenosa investirá preto de 1,5 millón e medio para soterrar a liña de alta tensión que vai dende a subestación de Mourente ao río Lérez. Unha intervención que permitirá realizar a canalización subterránea de aproximadamente 2.000 metros, dos cales 634 xa foron executados polo concello de Pontevedra mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Unión Fenosa e o Concello de Pontevedra.
Os traballos, que forman parte do plan de investimentos da compañía eléctrica 2018-2020 na provincia de Pontevedra, contan cun prazo de execución de uns nove meses.
Na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo director de Unión Fenosa en Galicia, Julio Gonzalo, así como polo delegado da compañía da provincia, Juan José Coiradas, os concelleiros pontevedreses Demetrio Gómez e Alberte Oubiña, así como o xefe territorial de Economía, Ignacio Rial.