Ata o 25 de abril está aberto o prazo de inscrición para unha nova edición da Pontevedrada

Pontevedra> O 28 de abril terá lugar unha nova edición, e xa van 8, da Pontevedrada. Unha cita que partirá ás 20 da tarde da Praza da Ferrería e que percorrerá parte do camiño Portugués ata a súa chegada á Praza do Obradoiro. O obxectivo desta iniciativa, non é outro que o de concienciar á Sociedade da importancia da doazón de sangue, órganos e tecidos.

Ata o vindeiro 25 de abril poden inscribirse nunha nova edición da Pontevedrada a través do mail pontevedrada@gmail.com  na oitava edición da Pontevedrada, unha iniciativa organizada por ASAMPO, a asociación de amigos da Pontevedrada, que partirá o 28 de abril ás 20:00 dende a Praza da Ferrería e na que colaboran tanto a Deputación de Pontevedra como o concello.

Unha cita que ten como fin potenciar a doazón altruista de sangue, órganos e tecidos.

O percorrido será o mesmo que o doutros anos, saír da Praza da Ferrería ás 20:00 para chegar a Praza do Obradoiro e percorrer deste xeito 63 quilómetros do camiño portugués. Os interesados poden realizar o percorrido enteiro ou soamente unha parte. O importante colaborar e concienciar a sociedade da importancia que ten a doazón a día de hoxe.

Debido ao crecemento gradual da participación, ASAMPO, estableceu que cada inscrición leve unha aportación solidaria de 5 euros, co fin de dar viabilidade ao evento. O importe recaudado destinarase a dar soporte ás iniciativas solidarias que promove ASAMPO durante todo o ano e colaborar con outros colectivos sociais que precisan axuda económica para desenvolver a súa actividade humanitaria.