PONTEVEDRA> Concello de Pontevedra e Deputación asinan o convenio que impulsa a reforma integral de Rosalía de Castro. O acordo permite adxudicar definitivamente o proxecto, co obxectivo de iniciar as obras este mesmo verán. A intervención, chamada a transformar a mobilidade peonil e a seguridade viaria no barrio de Mollavo, está orzamentada en 2,4 millóns de euros. Deles, a administración provincial achegará case 600.000 euros.
Concello de Pontevedra e Deputación colaborarán na reurbanización da rúa Rosalía de Castro. As dúas administracións asinaron esta mañá o convenio que impulsa o inicio das obras, previsto para este mesmo verán.
Dende o goberno local consideran a actuación estratéxica. Aseguran que a intervención transformará a mobilidade peonil e a seguridade viaria do barrio de Mollavao, deixando a rúa Rosalía de Castro con dirección única de saída da cidade.
A reurbanización desta rúa completarase e executarase ao mesmo tempo que a construción do novo bypass de conexión coa avenida de Marín. Esta intervención está valorada en case 1,3 millóns de euros e será financiada ao 100% pola Deputación.
A actuación na rúa Rosalía de Castro está orzamentada en 2,4 millóns de euros. Deles, a Deputación achega case 600 mil euros, o 24% da obra. A contía restante procederá de fondos municipais.











