PONTEVEDRA> As escavacións que se están a realizar no convento de Santa Clara, en Pontevedra, localizan numerosos soterramentos en todo o terreo. Segundo explicou esta mañá o vicepresidente da Deputación, as tumbas están a diferentes niveis, o que indicaría que se realizaron en distintas épocas. Calcúlase que pode haber milleiros de persoas soterradas na zona.
O convento de Santa Clara non deixa de sorprender aos que traballan para botar luz sobre a súa historia. Un dos últimos achados ten que ver cos numerosos soterramentos que se están a atopar en todo o terreo.
Só no lateral do claustro no que se está a traballar, localizáronse xa 26 soterramentos. Pero o xeo-radar localizou outras moitas tumbas que non se escavarán. Son corpos de distintas épocas, incluso de antes do século XVI, e todo apunta a que non só as monxas eran soterradas no convento. Segundo os cálculos de Mosquera, podería haber máis de 2.000 corpos.
O vicepresidente amosouse moi satisfeito polos avances dos traballos.
Un destes cambios podería ser a ubicación da porta. Crése que orixinalmente a entrada a Santa Clara situábase no lateral da praza de Barcelos. Tamén chama a atención a cantidade de modificacións e a profundidade das mesmas que sufriu o convento nos seus 750 anos de historia.