Un altercado entre dúas familias romanesas deixa 2 detidos e 4 axentes feridos leves

Pontevedra> Dous detidos na madrugada deste luns en Pontevedra tras unha violenta pelexa entre dúas familias de orixe romanesa na rúa José Casal. Segundo confirmaron fontes policiais, estas dúas persoas pasarán a disposición xudicial nas próximas horas. Varias persoas resultaron feridas neste altercado, entre elas, tres axentes da Policía Nacional e un da Policía Local.

Todo comezou as 22:30 da noite na rúa José Casal, o enfrontamento foi directo entre dúas familias romanesas, todo parece indicar que dous menores tiñan que ver neste altercado.

Preto de 40 persoas estiveron implicados nesta violenta pelexa, deles dous foron detidos.

Un pasou a disposición xudicial pola súa agresividade cos axentes policiais e outro por un denuncia de malos tratos.

Unha pelexa que deixou dous detidos e 4 axentes feridos leves, 3 da Policía Nacional e 1 da Policía Local.