Persoal dos PAC pide a mediación dos Reis Magos para que se escoiten as súas demandas

PONTEVEDRA> Os traballadores dos PAC da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés levan as súas peticións laborais perante os Reis Magos. Esta mañá, pediron a súa mediación para que a Xerencia escoite por fin as súas demandas. Denuncian quendas de traballo abusivas e que teñen que asumi-lo traballo propio mailo dos seus compañeiros ausentes por baixas ou vacacións.

Os Reis Magos xa teñen no seu poder a carta dos traballadores dos PAC da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés onde se recollen as súas demandas laborais. A través desta orixinal protesta, no recinto feiral de Pontevedra, volveron reclamar o que veñen reivindicando dende hai meses: menos carga de traballo e máis persoal.

Segundo indican, a xerencia da área sanitaria segue ser reunirse con eles. Os traballadores, cansos, recoñecen sufrir estrés e moita tensión. Ademais, algúns, ao borde da xubilación, están a recibir cartas do Sergas pedindo que continúen traballando. Os traballadores tamén tiveron ocasión de conversar co alcalde de Pontevedra. Lores trasladoulles o seu apoio.

Despois de entrega-la carta aos Reis, os traballadores trasladáronse á entrada do Hospital Provincial, onde deixaron un saco de carbón dirixido á Xerencia.