Rastrean un pozo de Marcón en busca do corpo de Sonia Iglesias

PONTEVEDRA> Buscan, sen éxito, a Sonia Iglesias nun pozo da parroquia de Marcón. Efectivos da Unidade de Subsolo da Policía Nacional de Madrid trasladáronse hoxe ata Pontevedra para rastrear unha leira privada de Pedra do Lagarto. Un operativo levado a cabo durante toda a mañá e que concluíu sen resultados.

Axentes da Unidade de Subsolo da Policía Nacional de Madrid achegáronse esta mañá ata esta leira en busca do corpo de Sonia Iglesias. Este operativo tivo lugar a raíz do descubrimento deste pozo. O cal permaneceu oculto durante anos pola maleza e foi localizado tras obras do novo vial de acceso a Montecelo.

Esta leira privada está situada a uns 300 metros dunha vivenda propiedade da familia de Julio Araújo. Lugar que xa fora rexistrado hai dous anos pola policía. Ata aquí achegáronse a primeira hora os bombeiros para baleirar a auga do pozo. A continuación, foron os axentes os que entraron no seu interior e comprobaron que estaba baleiro .

O rastreo concluíu sen éxito e o pozo quedou precintado. A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, confirmou esta mesma mañá que este caso continúa aberto e asegurou que a actuación policial de hoxe foi posta en coñecemento da familia de Sonia Iglesias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí