Feijóo “o PP é a garantía da democracia en España”

Pontevedra> A Presidenta do Congreso dos Deputados e o Presidente da Xunta de Galicia estiveron presentes na fin de semana en Pontevedra, concretamente na finca Batacos. Alí se celebrou unha emotiva homenaxe a un cento de concelleiros e alcaldes falecidos. Un acto onde Feijóo deixou claro que o seu partido, o PP é a única garantía de democracia na actualidade.

O líder do PP en Galicia presidiu este acto de homenaxe a un cento de alcalde e concelleiros falecidos e vencellados co Partido Popular, un acto onde tamén estivo presente o presidente do PP Provincial Alfonso Rueda, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, quen destacou o gran papel que xoga a política dos concellos na actualidade.

O presidente do PP en Galicia e presidente tamén da Xunta, dixo neste acto que o seu partido é o único que pode realizar actos destas características, xa que se trata, segundo Feijóo un partido unido.

Un partido, o PP, que segundo Feijóo é a única garantía de democracia en España.

Feijóo dixo que non van a tirar a toalla e que o PP é un Partido con pasado e que terá moito futuro.