Touriñán e Nogueira enfróntanse a unha entrevista centrada na igualdade de xénero

Pontevedra> O Auditorio de A Fundación foi o escenario dunha gran entrevista a Xosé Antonio Tourñán e Diana Nogueira. Centos de alumnos de centros da provincia foron os encargados de realizar dita entrevista, onde o papel da muller e a perspectiva de xénero estivo moi presente.

Centros de escolares estiveron esta mañá presentes no auditorio da sede  A Fundación en Pontevedra, o obxectivo entrevistar ao actor Xosé Antonio Touriñán e tamén a actriz Diana Nogueira. Unha entrevista onde estiveron presentes preto de 700 alumnos de primaria de centros escolares da provincia. Un acto onde tamén estivo a presidenta da Deputación quen destacou o xornalismo como eixo fundamental dunha sociedade demotrática.

Dos centos presentes, dous representares por cole eran os encargados de realizar as preguntas, unha cita onde a perspectiva de xénero estivo moi presente.

Tamén estivo presente a desigualdade de xénero…

E unha entrevista onde tamén se falou dos referentes no mundo das súas profesións de ambos actores.

Un acto divertido, onde tanto pequenos como maiores, Touriñán e Nogueira, pasaron un bo rato e afrontaron con humor as decenas de preguntas destes estudantes de primaria da provincia.