Mañóns recupera a bandeira azul tralas melloras acometidas no sanemaento

BOIRO> Un ano máis, Boiro volverá ser o único concello de Arousa Norte con bandeiras azuis. O municipio lucirá en total sete distintivos, un máis que o verán pasado, posto que Mañóns volve á lista tralas melloras acometidas polo executivo nos últimos anos para mellorar a calidade das augas. Xunto a Mañóns, os areais de Barraña, Carragueiros, A Retorta, A Ladeira do Chazo, O Saltiño e Piñeirón completan o extenso listado que sitúa á Boiro á cabeza da provincia xunto co concello de Arteixo e como terceiro do r ánking autonómico. A estas bandeiras súmanse as tres Qs de calidade nas praias de Mañóns, A Retorta e Carragueiros. Pola súa banda, a ría de Muros Noia tan só contará cunha bandeira azul; a da praia muradá de San Francisco que renova distintivo.