Boiro acollerá este verán unha nova edición do DeporCampus

BOIRO> Durante unha semana, os nenos de entre seis e catorce anos, poderán adestrar da man dos monitores do Real Club Deporitvo e recibirán a visita de varios xogadores. O prezo da matrícula é de 120 euros, cen con bonificación, que incluirá unha equipación completa para cada neno. Dende o concello entenden que a organización deste tipo de campus son clave para a promoción do fútbol base e o fomento dos valores deportivos. O campus enmárcase no convenio de colaboración da escola de fútbol municpal de Boiro co Deportivo dende o pasado ano no que xa se teñen desenvolvido numerosas actividades. Toda a información sobre o campus está dispoñible xa na web deporcampus.rcdeportivo.es.