Rianxo destinará uns 165 mil euros a un plan de mellora de parques infantís

RIANXO> As actuacións, cuxa concurso sairá en breve a licitación, prevense para Buía, Quintáns, Brión e na praia da Torre. O plan de mellora dos parques infantís que pretende levar a cabo o Concello, no que investirá uns 165 mil euros, irá con cargo Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña do ano 2017 aínda pendente de desenvolver. Nel contemplanse catro actuacións: Buía, Quintáns e Brión e na praia da Torre, onde se instalarán novos xogos, adaptándoos á normativa vixente en materia de seguridade. A intención do Concello pasa por continuar con este tipo de actuacións por todo o municipio de cara a mellorar na medida do posible o resto das zonas de xogo para así dar resposta ás demandas da veciñanza, en especial ós máis cativos. Segundo o alcalde prevese que a estas actuacións sexan adxudicadas en breve, polo que poderían estar rematadas xa este verán.