Abanca e as mariscadoras conciencian do coidado da natureza coa campaña goza da praia sen deixar pegada

A ILLA> 500 bolsas reutilizables e cinceiros para loitar contra a contaminación nas praias. Abanca e as mariscadoras da Illa e de Amar Carril regalarán estes produtos dentro da campaña ‘Goza da praia sen deixar pegada’. O obxectivo é concienciar aos visitantes da importancia de non tirar lixo nos areais.

Tralo éxito do pasado verán, Abanca xunto con sector do mar da Illa de Arousa e de Vilagarcía, lanzan a campaña Goza da praia sen deixar pegada. Unha campaña de concienciación para que a xente acuda aos areais pero sen deixar ningún tipo de lixo.

Abanca en colaboración coas mariscadoras da Illa e de AmarCarril en Vilagarcía repartirán polas praias 500 bolsas reutilizables e cinceiros.

Dende o sector do mar da Illa sinalan que esta campaña é moi importante para coidar o medio mariño, clave para o sustento de moitas familias na vila. A campaña inclúe unha serie de medidas a tomar entre as que se inclúe tamén o non retirar marisco dos areais.

A campaña estará na Illa ata o vindeiro 31 de xullo e a continuación trasladarase a Vilagarcía. Dende Abanca sinalan a importancia destas actividades para axudar aos sectores do mar e ao medio ambiente.

Na noite deste venres ten lugar a festa de San Xoán. Unha data que se celebra en toda Galicia e en moitas zonas os festexos teñen lugar nas praias. Unha oportunidade para comezar a aplicar esta campaña e deixar as praias totalmente limpas.