O pequeno comercio regalou 500 euros a unha Vilagarciana

VILAGARCÍA> Como cada ano a asociación de comerciantes de Vilagarcía, Zona Aberta, fixo entrega do premio do Sorteo do Día da Nai. Nesta ocasión a agraciada desfrutará duns 500 euros en vales de compra, para gastar nos establecementos pertencentes a entidade.
Dez, vinte, trinta… e así, hasta cincocentos. Ese foi o premio que unha veciña de Vilagarcía recibiu ao resultar agraciada no sorteo do Día da Nai que celebra cada ano a asociación de comerciantes Zona Aberta.
Un importante premio que pillou a gañadora por sorpresa, pero que ten claro en que os gastará.
A tenda de complementos Coco Artesanía e Complementos, situada na rúa Edelmiro Trillo, de Vilagarcía, foi o local no que foi cuñada papeleta gañadora de esta edición.