Autoridades, políticos e veciños en xeral despídense do político outense

OUTES> Dende primeiras horas desta mañá o corpo de Carlos López Crespo está a ser velado no tanatorio da Rasa, no concello de Noia. Ata alí achegouse este mediodía o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que quixo arroupar á familia do finado nestes difíciles momentos. Dende primeiras horas da mañá o tanatorio da Rasa en Noia converteuse nun ir e vir de xente, ó tratarse dunha persoa moi coñecida e querida, non só na comarca noiesa senón tamén fóra dela. Unha das autoridades que quixo achegarse tamén ata o velorio foi o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen destacou o seu firme compromiso e a súa vocación de servizo ós veciños. Acompañado de diferentes altos cargos do Goberno Autonómico, entre eles o vicepresidente Alfonso Rueda, e o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, trasladoulle persoalmente o pésame á familia, entregándolle ademais a bandeira de Galicia que, posteriormente, xunto coa dona e as dúas fillas do finado, colocaron enriba do féretro.