Cambados pon en marcha novas actividades formativas para emprendedores

CAMBADOS> Cambados pon en marcha unha nova programación formativa, destinada ós emprendedores. Unha das accións formativas será un Curso de Escaparatismo, con asistencia personalizada nunha vintena de tendas da vila. Tamén se vai celebrar unha charla centrada nas axudas ós autónomos.

“Cambados Emprende” xa ten programación para os vindeiros meses. A primeira parte das iniciativas presentouse esta mañá. Son tres accións formativas que se van desenvolver entre maio e xuño. En concreto, impartirase  un curso de escaparatismo, outro de manipulación de alimentos e, por último, unha charla-coloquio sobre as axudas ós autónomos.  Para o Concello, o programa do Cambados Emprende busca converterse nun punto de apoio para todas aquelas persoas que estean pensando en emprender.

O Curso de Manipulación de Alimentos terá lugar no Viveiro de Empresas o 29 de maio en el poderán participar 20 persoas. Ese mesmo día tamén se vai celebrar en Exposalnés a Charla-Coloquio sobre as Axudas a Contratación e a Promoción do Emprego Autónomo. O curso de escaparatismo, mentres, vaise celebrar do 5 ao 28 de xuño. Terá unha parte teórica e outra práctica, nos escaparates das tendas das persoas que se inscriban.

No “Cambados Emprende colabora a asociación Zona Centro. Os interesados en participar en calquera das actividades deben inscribirse previamente a través das vías de comunicación do Concello.