Noia destinou máis de medio millón de euros a melloras no saneamento

NOIA> O concello de Noia inviste máis de medio millón de euros na renovación da rede de saneamento e pozos de bombeo. Ademais das actuacións principais, a brigada de obras está a realizar reparacións puntuais nalgúns treitos da rede que presentaban roturas.

A estas actuacións menores súmase a reparación integral da liña de bombeo que se atopaba en moi mal estado e implicou a intervención en case tódolos pozos.

O investimento nestas obras supera o medio millón  de euros co que o goberno segue a avanzar cara un mellor saneamento para garantir un correcto funcionamento deste servizo básico.