POBRA> Baixo o lema ‘Non te conformes, depende de ti’, o Partido Popular aspira a converterse na forza maioritaria este domingo e facerse así coa xestión da alcaldía.
Para o Partido Popular da Pobra o balance que se pode realizar destes catro anos de goberno de Nós Pobra non pode ser máis negativo. Dende a formación apuntan a que neste tempo apenas se fixo nada por mellorar as condicións e os servizos que se lle prestan ós veciños, caracterizándose pola súa total inoperancia e falla de xestión
Tres dos principais compromisos do PP da Pobra de cara ó vindeiro mandato serán a sanidade, os servizos sociais e a promoción do emprego. O candidato por esta formación política á alcaldía, Manolo Durán, promoverá a terceira fase de ampliación do polígono industrial da Tomada ou a construción do novo centro de saúde, entre outras propostas
Para o candidato á alcaldía, Manolo Durán, o Partido Popular é a única opción posible para un cambio de dinámica que leve ó Concello ó lugar no que realmente se merece