Pontevedra> Pontevedra acollerá por cuarto ano consecutivo a Gladiator Race. A proba de obstáculos, que terá lugar o 2 de xuño na Illa das esculturas, presentouse oficialmente esta mañá no centro da cidade.
A Gladiator Race contará con probas para diferentes categorías que se disputarán en varias quendas. Ás 12 da mañá comezará o nivel Kids, con 3 saídas para nenos de distintas idades. O turno dos Rockets comezará ás catro, con 6 kilómetros de percorrido e 35 obstáculos, e o Warriors arrancarán ás seis e media con 11 kilómetros e 35 obstáculos. A proba contará cuns 1800 participantes adultos e máis de 200 cativos.
A organización destacou que máis que unha competición, a Gladiator Race é unha experiencia diferente para toda a familia.
As inscripcións permanecerán abertas ata o día 29 de maio. Aínda que están esgotadas as prazas para nenos e para o percorrido de 6 quilómetros, quedan inscripcións para a categoría Warriors. Dentro das actividades organizadas con motivo do evento deportivo, esta tarde celebrouse un entrenamento aberto diante do Pazo da Cultura.