NOIA> A actividade desenvolverase no Teatro Coliseo Noela a partir das oito re media da tarde e nela actuarán os grupos Sondela, Ballerin Jazz e a Banda Xuvenil da Escola Municipal de Lousame. A agrupación comarcal de Man Unidas en Noia organiza un festival benéfico de música e baile para este vindeiro sábado no teatro coliseo Noela co fin de recadar fondos para un proxecto de apoio á educación infantil no Chad, concretamente para a mellora dunha escola. O festival terá lugar a partir das oito e media da tarde coa actuación dos grupos Sondela, Ballerin Jazz e a Banda Xuvenil da Escola Municipal de Lousame. A taquilla abrirase ás sete e media da tarde e o donativo será de tres euros. Dende agrupación comarcal de Man Unidas en Noia agradecen a colaboración e fan un chamamento a acudir ese día ata o Coliseo xa que a recadación irá a unha boa causa.
Inicio NOIA