‘A Jalerna’ faise co VI Trofeo Fasquía de dornas a vela

dornas250_070610.jpgSALNÉS> A victoria foi a parar a mans dunha embarcación local que foi a máis rápida de entre as 40 participantes que se deron cita no peirao do Xufre.

O Trofeo Galicia de Dornas a Vela arrancou este sábado na Illa coa primeira proba das catro das que consta a competición. Esta era a sexta edición dun Trofeo Fasquía que volveu a deixar unha embarcación local como a máis rápida de entre tódalas participantes. As 40 dornas que acudiron á Illa tiñan que dar dúas voltas a un campo de regatas con forma de triángulo, no que o punto de partida e de chegada foi o peirao do Xufre, tendo que facer dous pasos polo faro do Xeixo e o polígono das bateas.

‘A Jalerna’, de Ricardo e Manolo, pertencente á Asociación Cultural e Deportiva Dorna, levouse o triunfo logo de percorrer as oito millas náuticas de trazado en 1 hora e 45 minutos. Por detrás deles, a un minuto, entrou a ‘Nécora’, tripulada por Harry e Braulio. En terceira posición finalizou a ‘Fuxe’, de Amigos da Dorna Meca, patroneada por Parada, con Brais como tripulante. Os grovenses lideraron a proba durante a primeira volta pero logo viñéronose abaixo. Aínda así puideron aguantar entre as mellores e impuxéronse nun final moi apretado á ‘Cariñosa’, que rematou cuarta e non puido repetir a victoria que colleittaran o ano pasado.

Despois desta primeira regata na Illa, o Trofeo Galicia fará a súa seguinte parada no Grove, no que será a Regata dos Faros, organizada por Amigos da Dorna Meca. A regata do Albariño, do Club Mariño Salnés e o Triángulo do Bao, tamén na Illa, completarán o calendario de competición durante os meses de verán.

Redacción Salnés