Do 16 ao 21 de xullo Pontevedra converterase na capital do Jazz

Pontevedra> Do 16 ao 21 de xullo Pontevedra converterase na capital do Jazz coa celebración da vixésimo sexta edición do Festival Internacional de Jazz e Blues da cidade. O plato forte deste ano estará co directo na Praza da Ferraría de Don Bryant que chega de xira por primeira vez a España, coa única parada da cidade do Lérez. O concerto, de balde, será o 18 de xullo ás 22:30.

Todo listo para acoller dende o 16 ao 21 de xullo a vixésima sexta edición do festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.

O prato forte desta edición será o concerto en directo de Don Bryant, un artista que chega por primeira vez a España coa sua xira e que terá unha única parada na cidade do Lérez, o concerto será o 18 de xullo ás 22:30 na Ferraría, o día 19 estará na mesma praza Abe Rábade, o 20 Walter Wolfman Washington e o 21 Stefano Bollani. Os concertos da Praza do Teucro serán o dia 16 Afonso Calvo Septet e o día 17 Nomads. Unha edición que chegará con algunha que outra novidade como son o jazz de taberna.

Ademais, todos os días do festival, do 16 ao 21 de xullo a partir das doce da noite haberá Jam Sessións que terán lugar na Gramola, situado na praza Méndez Núñez.