Aprázanse as intervencións cirúrxicas non prioritarias e prohíbense as visitas a pacientes

PONTEVEDRA>Ante a evolución epidemiolóxica da Covid, o Sergas acaba de anunciar novas medidas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Por unha banda, comezaron a suspenderse algunhas intervencións cirúrxicas non prioritarias e a partir de hoxe realizaranse tests de antíxenos a todos os pacientes durante a súa hospitalización.

Ademais, co obxectivo de evitar a transmisión comunitaria, non se permitirán as visitas aos pacientes ingresados.

Estas medidas levaranse a cabo nos tres centros hospitalarios da área: o Hospital Montecelo, o do Salnés e o QuirónSalud Domínguez de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí