Pontevedra> O complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos, de Poio, acolleu esta mañá unha xornada de convivencia dos cinco centros educativos do concello. Os alumnos de 4 de primaria foron os encargados de desfrutar desta xornada deportiva onde puideron practicar fútbol flag, paddle surf, billarda e duatlón, deportes, todos eles, que se ofertan dende este municipio pontevedrés.
Xornada de convivencia, lúdico deportiva, a que viviron os estudantes de cuarto de primaira dos cinco centros educativos do Concello de Poio. Unha cita que se desenvolveu no complexo Deportivo Miguel Anxo Pazo, e dende alí estes rapaces puideron practicar paddel surf, fútbol flag, duatlón e billarda.
Os protagonistas destas xornadas estiveron encantados con esta iniciativa.
Iso si… entre os tres deportes temos un gran favorito…
Unha xornada de convivencia que serviu para achegar a estes estudantes a deportes que se ofrecen dende o concello de Poio, xa que este municipio conta con escolas deportivas de paddel surf, de billarda, de duatlón e de fútbol flag.