Polémica en Boiro ante o proxecto de instalación dunha planta da gas no casco urbanoi

    BOIRO> Preocupación en Boiro ante o anuncio de instalación dunha planta de gas no casco urbano. IC Boiro demanda información do proxecto e pide ó concello que non autorice este tipo infraestruturas tan preto das vivendas. O pasado día 18, o Diario Oficial de Galicia publicaba o anuncio da solicitude de instalación dunha planta de gas no núcleo do Corrillo, en Boiro. Anunciou que xerou gran malestar e preocupación entre os veciños desta área urbana de Boiro. IC Boiro fíxose eco das súas queixas presentando un escrito no que solicita ó executivo que presente alegacións ó proxecto que se atopa en fase de exposición pública. O voceiro de IC Boiro lembra que hai máis de dúas décadas que a empresa conta con dous depósitos instalados nunha parcela en Espiñeira polo que, denuncia, non se lles ten cobrado importe algunha. Pola súa banda, o concello aclarou que se trataría dunha instalación provisional, mentres se acomete o cambio da instalación de gas propano a gas natural. Insisten ademais en que a ubicación non é defintiiva e xa solicitaron ós responsables da empresa que se acheguen ó  municipio para dar información sobre o proxecto. Tamén outros grupos da oposición expresaron o seu rexeitamento ó proxecto pola súa proximidade co casco urbano. Tanto Ciudadanos como Boiro Novo instan ó executivo local a dar explicacións sobre os detalles desta instalación e a ter en conta a opinión dos veciños. Piden que se convoquen xuntanzas informativas para dar a coñecer os detalles da actuación prevista. Tamén que se teñan en conta as demandas dos veciños á hora de formular as oportunas alegacións.