O BNG de Boiro chama á mobilización contra a reapertura da mina de Touro-O Pino

BOIRO> Para os nacionalistas é importante acudir este próximo domingo a Santiago para dar unha resposta contudente contra un proxecto que acarrearía graves consecuencias para a Ría de Arousa. Atendendo á convocatoria da Plataforma Veciñal Mina de Touro-O Pino, NON ou á propia Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, entre outros colectivos, o BNG de Boiro fai unha chamada á participación este próximo domingo na manifestación convocada contra o proxecto de megaminería de Touro-O Pino en Santiago, para así dar unha resposta contundente contra este proxecto que consideran letal para a Ría de Arousa. Dende a formación aludíase tamén ó último informe de Augas de Galicia que recoñece que os ríos e regatos que se atopan preto da mina están contaminados. Unha evidencia máis das consecuencias nocivas para a poboación que podería traer a reapertura da mina. Para facilitar que a veciñanza de Boiro poida asistir a esta mobilización en Compostela van a fletarse autobuses de balde que sairán dende a explanada portuaria de Cabo de Cruz e do Parque da Cachada,  ás nove da mañá. Os interesados deberán anotarse con anterioridade na propia Confraría de Pescadores, na Asociación de Mexilloeiros AMC ou dende OPMEGAL.