Cambados e a DO Rías Baixas evidencian a súa boa sintonía na sinatura do convenio da Festa do Albariño

CAMBADOS>  O Concello de Cambados e a Denominación de Orixe Rías Baixas asinaron hoxe o convenio do Albariño. Fátima Abal e Juan GIl quixeron salienta-la boa harmonía entre o executivo local e o Consello Regulador.

A alcaldesa de Cambados e o presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas escenificaron hoxe a boa sintonía entre ambas entidades. Fátima Abal e Juan Gil asinaron o convenio para a celebración da Festa do Albariño, un documento acordado xa hai semanas. Segundo indicaron, a boa relación entre o executivo local e o consello regulador é unha evidencia.

O presidente do Consello Regulador defendeu a necesidade de manter e mellora-la festa. Algo que se consegue, dixo Juan Gil, con este convenio co que se normalizan as relacións entrambas intitucións.

Coa rúbrica do convenio do Albariño, Concello e Denominación de Orixe comprométese á recuperación dos festexos para os veciños da localidade e o intento de regular a afluenza de público ao Paseo da Calzada, cumprindo a normativa legal vixente en materia de horarios: ás casetas poderán pechar antes das tres e media da madrugada, como máximo. Unha medida, segundo defenden, que busca dignifica-la Festa do Viño Rías Baixas Albariño.