Continúa aberto concurso para a contratación dos artistas do Vilablues 2018

VILAGARCIA> Ravella encarga a produción do festival Vilablues a empresa, Mulas Producciones S.L, que o leva facendo dende o 2015. A Xunta de Goberno Local adxudicouno, este luns, por un importe de algo máis de 13.700 euros.
Mulas Producciones S.L será a empresa que organice o Vilablues. Unha nova que se coñecía despois de que a Xunta de Goberno Local o aprobase por un importe de algo máis de 13.700 euros. Por outro lado, está aínda aberto o concurso para a contratación dos artistas, que segundo afirman dende Ravella, se axusta aos prazos establecidos pola Lei de Contratos.
Diferentes partidos da oposición no consistorio critican as condicións dos pregos e as datas do procedemento, que segundo afirman dende Esquerda Unida, dan a entender que a contratación de artistas puido pecharse antes de formalizar o proceso de licitación.
Sonia Outón sinalou que tamén esta en licitación a organización do Combate Naval e non entende como todas as críticas se centran no Vilablues.
O Vilablues é unha proposta que xurde dende a iniciativa privada. Aínda que é o Concello quen asume a maior parte do seu custo. Este evento terá un presuposto de 51.570,20 euros, o que sumado a cachés, produción e baños, que foron adxudicados, por 1.573 euros, a Despertando, Sociedade de Xestión Inmobiliaria y Náutica SL. Ravella tamén asume directamente los gastos de la SGAE y la publicidade.