O Enobús ponse en marcha este 2018

CAMBADOS> O Enobús bota a andar este 2018. A actividade celebrou esta mañá a súa viaxe inaugural, coa participación de representantes de adegas, do sector turístico da zona e de empresas relacionadas coa organización de eventos. Neste primeiro percorrido, a Fundación Manolo Paz e a adega Don Olegario foron as primeiras paradas, que abriron os seus encantos aos primeiros visitantes.

O Enobús xa circula polos recursos enoturísticos da comarca. Esta mañá a actividade do concello de Cambados celebrou a súa viaxe inaugural deste 2018, que chega con varias novidades.

Representantes de adegas, de empresas organizadoras de eventos e do sector turístico foron os primeiro viaxeiros deste Enobús, que tivo como primeiras paradas a Fundación Manolo Paz e a adega cambadesa Don Olegario.

Os tickets para participar desta experiencia enoturística xa están á venda, e dende o concello agardan que a fórmula supere  incluso o éxito do ano pasado.

Mañá o Enobús 2018 realizará a súa primeira viaxe con visitantes. As entradas xa están á venda e, ademais da visita a unha adega, achegaranse ata o Museo do Viño, que acollerá unha das novidades desta edición: a cata de escumosos de Rías Baixas.