Vilagarcía celebrará tres plenos en xaneiro

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/29/eu.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/29/eu_plenos_extraordinarios.mp4{/flowplayer}

    VILAGARCIA> O vindeiro mes de xaneiro Vilagarcía celebrará alomenos tres plenos; dous deles extraordinarios. Unha situación, cando menos inusual, que derivada da convocatoria urxente e capada do pleno de decembro e da que a oposición sinala como único responsable ó alcalde, Tomás Fole. Este salón de plenos de Vilagarcía acollerá o vindeiro mes de xaneiro alomenos tres sesións plenarias: a correspondente á cada mes amais outras dúas nas que a oposición poderá debater as súas alegacións ó orzamento municipal aprobado in extremis a semana pasada; a maiores doutras mocións e intervencións veciñais. Para a oposición, Fole quixo deixar fóra do xogo político á oposición convocando un pleno en decembro urxente que non cumpría cas mínimas garantías. Agora aseguran que é el quen queda en evidencia ó verse obrigado á convocatoria destes tres plenos en só trinta días. Esquerda Unida denuncia que é o grupo de goberno de PP e IVIL o que se nega a negociar calquera asunto; desoíndo calquera proposta que chegue da oposición. A convocatoria destas tres sesións suporá un gasto para as arcas municipais vilagarciás de 10.000 euros cos que se pagará a asistencia a pleno dos edís. Os socialistas e Esquerda Unida xa anunciaron que ían a doar estas cantidades á caixa de resistencia dos traballadores de Lantero, e piden ós seus compañeiros da corporación que fagan o mesmo.