Cinco arousáns detidos por traficar con heroína entre Holanda e Galicia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/09/transportedrogass.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/09/NARCOTRAFICO_HOLANDA.mp4{/flowplayer}

SALNÉS>

 

 

Cinco veciños de Vilagarcía, Cambados e Vilanova, entre os trece detidos no marco dunha macrooperación contra o tráfico de drogas a nivel internacional. Axentes da Udyco Galicia en colaboración coa Xefatura Superior da Policía do País Vasco e outros corpos de seguridade conseguiron desmantelar unha organización que traficaba heroína entre Holanda e Galicia. No marco da operación os investigadores incautáronse de 16 quilos de droga e máis de 240.000 euros.

As pescudas comezaron cando investigadores da Policía Nacional detectaron a entrada en España de cargamentos de droga procedentes de Holanda. Dous cidadáns turcos residentes no país nórdico serían os encargados de prover os estupefacientes que tiñan como destino Galicia. Os primeiros arrestos producíronse precisamente nun destes transbordos da droga. Seguindo a un dos principais investigados, os axentes coñeceron que se ía producir un transporte de heroína entre Holanda e España a bordo dun camión. Estableceron un dispositivo na localidade bilbaína de Durango, e aí interceptaron ó vehículo no que viaxaba o investigado con outro individuo. No rexistro do camión, os investigadores localizaron unha mochila con dez quilos de heroína distribuídos en vinte paquetes.

 

A medida que avanzaban as investigacións, descubriuse que os individuos de nacionalidade turca, con residencia en Holanda, facían frecuentes viaxes a Madrid para cobrar as partidas de heroína que logo enviarían a España. Nunha destas viaxes foron interceptados xunto a un matrimonio galego que supostamente lles ía pagar un cargamento de droga. Ós turcos confiscáronlles 200.000 euros en metálico, un quilo de heroína ó matrimonio 32.000 euros. Os catro foron arrestados e en rexistros domiciliarios efectuados en Galicia atopáronse outros cinco quilos de droga, dez de substancia de corte e útiles para a manipulación de estupefacientes. O Operativo saldouse con trece persoas detidas, dous deles veciños de Vilagarcía, outros dous de Cambados e un de Vilanova aínda que residente en Ourense; 16 quilos de droga confiscados e máis de 240.000 euros interceptados.

 

A operación correu a cargo da Udyco Galicia, a Brigada Central de Estupefacientes, a Xefatura Superior do País vasco e o Grupo Operativo de Intervencións Técnicas da Áreal de Automoción da División Económica e Técnica.