A Escola Galega de Adestradores organiza un novo curso en Ribeira

RIBEIRA> A colaboración do Sálvora Fútbol Club e a Escola Galega de Adestradores fixo posible que Ribeira acolle un novo curso de monitor de fútbol base. Será a partir do trece de xullo e estenderase durante tres semanas ata completar as sesenta e cinco horas. A flexibilidade nos horarios pretende favorecer a participación coa fin de contar con cada vez máis monitores titulados que poidan garantir a mellor asistencia ós rapaces. O prezo do curso é de cento cincuenta euros e será preciso un mínimo de quince prazas para a súa celebración. Os interesados xa poden inscribirse a través da páxina web da federación galega.