O BNG da Pobra demanda a proteción do espazo natural da Corna

POBRA> O BNG da Pobra volve demandar medidas de protección na contorna da praia da Corna. Ademais de limitar os accesos á zona dunar demandan a instalación de paneis informativos coas normas de uso deste espazo natural. Non é a primeira vez que o BNG da Pobra denuncia a desprotección do sistema dunar da praia da Corna, ó que accenden libremente tanto vehículos como persoas. XA hai dous anos levaron a pleno unha moción solicitando a regulación dos accesos e a elaboración dun plan de conservación e unha normativa específica para a preservación deste espazo. A pesar de que a moción foi aprobada, dende o BNG din que non se ten adoptado ningunha das medidas acordadas polo que volveron a dirixir un escrito ó goberno local. Piden ademais que se acometa unha actuación integral de restitución da paisaxe natural, recuperando as áreas degradadas e evitando a expansión de especies alóctonas.