Os xubilados celebran o día do Carmen as portas da Casa do Mar

VILAGARCIA> En Vilagarcía, esta mañá os xubilados da Casa do Mar de festexaron como cada 16 de xullo o día do Carmen. Unha xornada festiva na que tamén houbo espazo para a reivindicación, e que recorden que dende hai case dous meses, os xubilados tiveron que abandonar a súa sede na Casa do Mar, por motivos de seguridade, sen que se lles facilitase outra ubicación.
O día do Carmen é un día especial para este grupo de xubilados de Vilagarcía, son os xubilados da Casa do Mar, que dende hai case dous meses non poden acceder a súa sede que se atopaba na avenida da Mariña.
Os motivos que esgrimen dende o ISM é a falta de seguridade da edificación aínda que dende o colectivo admiten non coñecer os motivos exactos.
Os membros da asociación de xubilados achegouse ata o parking do edificio despois de asistir a misa en honor a Virxe do Carme, para levar a cabo unha xornada festiva, pero como lles dicíamos tamén reivindicativa.
Polo de agora aínda non teñen unha solución para a súa sede, aínda que admiten que a presidenta da Autoridade Portuaria lles ofreceu establecerse na parte baixa da antiga Comandancia da Mariña.