A Operación Centinela xa está en marcha e extenderase ata o 15 de setembro

Pontevedra> Dende o 15 de xullo e ata o 15 de setembro estará operativa a Operación Centinela. Unha iniciativa, que parte da Brilat, e que ten como fin vixiar os nosos montes para evitar lumes durante a época de máis calor do ano. Un total de 27 patrullas formarán parte deste operativo que velará pola seguridade en 37 municipios galegos repartidos nun total de 7 distritos forestais.

Dende o domingo xa está posta en marcha a Operación Centinela, unha iniciativa que nace da colaboración da Brilat e a Xunta de Galicia e que ten como fin velar pola seguridade dos nosos montes na época de máis calor do ano. Unha operación que se ampliará ata o vindeiro 15 de setembro.

27 patrullas formadas por militares pertencentes a distintas unidades da Brilat e ao tercio norte de Infantería de Marina da armada comporán esta operación que na actualidade ten un esforzo inicial de nivel medio, se é preciso poderá elevarse e se incrementarían os efectivos.

Esta mañá puidemos falar cunha das militares que estará presente nesta operación.

Unha operación na que terá o seguinte traballo diario e constante.

Ata o 15 de setembro os cometidos das patrullas que forman parte da Operación Centinela será vixiar e manter unha presenxa disuasoria nas zonas asignadas, facilitar información temprana aos servizos de extinción e notificar aos forzas e corpos de seguridade acerca de aquel persoal que puidera estar implicado na provocación de incendios intencionados.