Os traballadores de ENCE agardan ‘con esperanza’ o pronunciamento do Tribunal Supremo

PONTEVEDRA> Preocupación, nerviosismo e, ao mesmo tempo, esperanza. Os traballadores da fábrica de ENCE en Lourizán agardan a reunión que mañá celebrará o Tribunal Supremo para decidir se a prórroga que foi concedida á factoría é legal ou non. Hoxe concentráronse ás portas da planta de Lourizán para volver reclamar a permanencia.

Os traballadores de ENCE non perden a esperanza. Mañá está previsto que o Tribunal Supremo se reúna para deliberar sobre a prórroga que concedeu o goberno en funcións de Mariano Rajoy á factoría, autorizándoa a permanecer en terreo de dominio público marítimo-terrestre ata 2073.

Hoxe concentráronse ante a fábrica de Lourizán. Participaron traballadores da pasteira, pero tamén das empresas auxiliares e do sector forestal. Volveron reclamar a permanencia na ría de Pontevedra.

Confían en que os xuíces opten por manter os postos de traballo. Porque insisten en que a posición da empresa foi sempre a mesma: non hai alternativa a Lourizán en Galicia.

Tampoco dubidan á hora de sinalar culpables. Responsabilizan tanto ao concello de Pontevedra como ao Goberno Central actual da situación da factoría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí