VILAGARCIA> Protección civil rescata en Vilagarcía a un can que caeu nun buraco de máis de 3 metros de profundidade. O servizo de emerxencias necesitou baixar a un profesional ao lugar para poder colocarlle un arnés e elevalo á superficie. Unha vez rescatado comprobaron que o pastor alemán non tiña danos e se atopaba en bo estado.
Os servizos de emerxencia de Vilagarcía tiveron que realizar onte un rescate que por sorte rematou con final feliz. Unha veciña da vila alertou que o seu can caera nun buraco e que non era capaz de collelo.
O suceso aconteceu preto da antiga estación de Renfe. Ata alí se desprazou protección civil cunha autbomba urbana lixeira. Alí comprobaron que o animal estaba atrapado nun buraco de tres metros de profundidade e 50 centímetros de diámetro.
A situación complicábase aínda máis ao atoparse preto dun niño de avespas que dificultaba o paso, co que tiveron que neutralizar primeiramente este risco.
Tras asegurarse que o terreo era estable e seguro, procederon a realizar o rescate. Primeiro instalaron cordas de traballo e seguridade para que un efectivo se deslizase e descendese ata o interior para chegar ao can. Unha vez alí colocóuselle un arnés de rescate e se procedeu á súa subida ao exterior.
Unha vez arriba comprobaron que Happy, como así se chama o pastor alemán, se atopaba en bo estado. O rescate foi exitoso e por sorte todo quedou só nun susto.