Chega a quinta edición do Noia Arp Fest

NOIA> O festival Noia Arp Fest volve o próximo martes 31 de xullo e celebra a súa quinta edición. Artistas coma Carlos Nuñez, Arianna Savall ou Esperanza Mara, serán algúns dos músicos invitados e as entradas para os concertos xa están á venda en ATaquilla.com. Xunto co Concello de Noia, Rodrigo Romaní, director do festival, foi o encargado de deseñar tódolos actos previstos. Este ano, como principal novidade, o Noia Arp Fest presenta a reconstrución de dúas arpas representadas na arquivolta da igrexa de San Martiño. As arpas foron reconstruídas polo luthier Luís Martins e mañá venres 27 de xullo, ás nove da noite, presentaranse nun acto no Teatro Coliseo Noela. Ademáis dos concertos para os maiores, a arpista galega Elena Paz será a mestra de cerimonias para os máis pequenos. Tamén haberá obradoiros e clases maxistrais para estudantes de arpa polas mañás.