Veciños do Mariño retoman a súa reclamación para que se contrúa un paso de peóns

PORTO DO SON> A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, e o Concello, comprometéranse hai un par de anos a dar resposta a esta demanda veciñal para garantir a seguridade na zona, pero dende aquela, nada se sabe da actuación.

As imaxes son de agosto de 2019. Daquela mesmo decidiran saír á rúa e mobilizarse por unha reclamación que consideraban xusta. Van alá máis de dous anos e nin a Axencia Galega de Infraestruturas nin o Concello atenderon polo de agora a súa solicitude, a pesar de comprometerse a realizala.

Dous anos despois daquela, volven á carga con esta reivindicación, e solicitan novamente a construción dun paso de peóns regulado por semáforos para garantir así a seguridade viaria, Segundo eles, trátase dun punto de visibilidade limitada polo que adoitan cruzar moitos dos veciños e residentes.

A vía, a estrada comarcal que une Ribeira con Noia, ten ademais un tránsito moi elevado, principalmente na época estival, polo que a actuación é se cadra aínda  máis necesaria.

Os veciños temen que a obra fique paralizada a consecuencia das disputas que manteñen co Concello por este asunto.

Tamén se queixan dunha pequena actuación que está acometer o Concello na zona, neste caso a renovación de beirarrúas, que afecta a un establecemento hostaleiro alí emprazado.

Dende o executivo sonense recoñecen a perigosidade da zona debido á existencia de varias curvas. O alcalde, Luís Oujo, sinalou que a actuación vai a realizarse, aínda que nestes momentos estase a estudar o seu emprazamento definitivo, de cara a garantir unha maior seguridade viaria na zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí