Pontevedra non asistirá a máis reunións sobre o transporte metropolitano sen un informe técnico

Pontevedra> O concello de Pontevedra non asistirá a reunión que mañá manterán a conselleira de Infraestruturas cos concellos da provincia. Así o anunciou esta mañá o concelleiro de mobilidade quen ten por seguro que se non hai un informe técnico pechado, rigoroso e real non é de recibo realizar este tipo de encontros entre concellos.

Pontevedra non estará presente na reunión que mañá manterán concellos da provincia coa Conselleira de Infraestruturas en relación ao transporte metropolitano. O concelleiro de mobilidade dixo que foi o propio alcalde o que lle comunicou esta decisión á conselleira.

Unha decisión que se toma ao non haber nin contar con nigún informe técnico que avalíe e estude as posibilidades e necesidades de cada espazo, de cada cidade, xa que segundo Demetrio Gómez, para facer un transporte con xeito é necesario contar cun infome técnico detallada realizado por unha comisión técnica bilateral e independente.

Dende o concello non pechan ningunha porta, soamente teñen claro que sen informe técnico e estudo da zona non se pode avanzar nin aprobar ningún tipo de transporte destas características.