RIANXO> O alcalde, Adolfo Muíños, mostrou tamén a súa preocupación pola posible chegada das chuvias e que o arrastre da cinza queimada dos montes poida chegar á Ría de Arousa. O que segundo el constituiría un grave problema medioambiental.
Superado xa o problema do lume coa súa extinción, a precocupación céntrase agora en analizar as posibles consecuencias medioambientais que podería traer consigo no caso de que a chegada das chuvias poida arrastrar ó mar os restos do incendio. O alcalde, Adolfo Muíños, teme polos posibles prexuízos que isto traería para o importante sector pesqueiro e marisqueiro da Ría.