O PSOE demanda unha actulización “urxente e necesaria” do PXOM na cidade

Pontevedra> Dende o PSOE de Pontevedra consideran urxente substituír o actual planeamento urbanístico da cidade. Así o demandou a deputada María Pierres quen ten claro que non renovar o PXOM é unha sinal clara de esgotamento que amosa que o modelo urbano da cidade foi parcheado e tuneado.

Dende o PSOE de Pontevedra e dende o PSdeG teñen claro que a capital de provincia precisa e necesita un novo PXOM que se actualice e poña en valor e en igualdade de condicións a todos os veciños da cidade.

Dende o PSOE teñen claro que ao non actualizar nin renovar o PXOM da cidade Pontevedra se está alonxando dun crecemento ordenado e necesario para a capital de provincia.

María Pierres sinalou esta mañá que os pontevedreses precisas unha maior resposabilidade política tanto por parte do concello como da Xunta de Galicia.

Dende o PSOE agardan que esta renovación e novo PXOM chegue canto antes e polo ben dos veciños a Pontevedra.