O BNG ve os orzamentos da Deputación como ‘unha regresión a fai vinte anos’

PONTEVEDRA> O BNG critica os orzamentos provinciais elaborado polo novo goberno do Partido Popular na Deputación de Pontevedra. A formación considera que estas contas supoñen unha regresión, deixando do lado programas como Revitaliza e Ágora e reducindo ao máximo os fondos para departamentos como o de Memoria Histórica.

Así resume o deputado nacionalista César Mosquera a súa valoración sobre os orzamentos provinciais elaborados polo novo goberno do Partido Popular na Deputación de Pontevedra.

Nesta nova etapa, os nacionalistas denuncian que o goberno reduce ao máximo os fondos para os plans Ágora, de mobilidade, ou Revitaliza, de compostaxe. Tamén os cartos destinados aos departamentos de Memoria Histórica e de recuperación do Patrimonio Histórico.

Mosquera sinala que desaparecen tamén os convenios cos concellos para a urbanización e mellora das estradas provinciais, cun 87% menos de fondos.

No caso do Plan Ágora, perde o 90% do seu financiamento. Pola súa banda, o Revitaliza redúcese nun 84%.