‘O mellor da terra’, ao alcance da man en Pontevedra

PONTEVEDRA> ‘O Mellor da Terra’ está dende hoxe e ata o domingo reunido na praza do concello de Pontevedra. Produtores de toda Galicia e incluso doutros puntos do Estado participan na nova edición desta feira, dedicada ás elaboracións artesás e ecolóxicas.

Non están todos os que son… pero si son todos os que están. A feira ‘O Mellor da Terra’ reúne na praza do concello de Pontevedra produtos naturais, ecolóxicos e de proximidade.

Máis de 40 expositores participan coas súas propostas. Proxectos que, como Auténtica Ourensá ou CienPorCel, e apostan por mesturar tradición e innovación.

Noutras ocasións o que se mestura son as raíces. É o caso de Galmara, unha queixería que bebe das orixes venezolana e galega.

Ademais da sustentabilidade, da proximidade e do seu carácter artesán, a maioría destes produtos comparten outro trazo. O seren froito de proxectos familiares, como Restrebas ou Aialma.

A feira estará aberta ata a tarde do domingo na Praza do Concello. Unha fin de semana que agardan que sexa todo un éxito, ao igual que as edicións anteriores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí