O concello ten claro que Elnosa ten que pechar xa

Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra teñen claro que ELNOSA debería pechar e comezar o seu desmantelamento o 29 de xullo. O BNG non comparte as explicacións dadas o pasado venres pola Subdelegada do Goberno, xa que din, que a extinción do contrato nun espazo público xa rematou, co cal, tamén a súa permanencia no mesmo.

Dende o Concello de Pontevedra teñen moi claro que non hai nada que xustifique, aínda que soamente sexa por dous meses, a continuidade de Elnosa na Ría de Pontevedra.

E para que o entenda todo un mundo Carme da Silva, alcaldesa en funcións quixo poñer un exemplo moi claro.

Con todo, dende o concello van a dirixirlle un escrito ao concello pedindo por unha banda que se lle ceda ao concello a resolución mediante a cal Elnosa pode continuar a súa actividade na ría de Pontevedra, e por outra banda, lembrándolle ao Ministerio que Elnosa ten que comezar xa o seu desmantelamento. En relación á contestación que reciban dende Madrid tomarán unhas ou outras medidas.

Dende o concello teñen moi claro que seguirán loitando para que primeiro Elnosa e despois ENCE desaparezan da ría de Pontevedra.