Continúan os atascos a pesar de que o semáforo de As Salinas está apagado

SANXENXO> O semáforo de As Salinas, en A Lanzada, estivo apagado esta fin de semana, e así seguirá durante as fins de semanas estivais e os festivos. Unha medida que se tomou dende o concello de Sanxenxo para evitar que a actividade do semáforo frear o tráfico da zona. Aínda así Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, sinala que o problema das retencións, ao seu entender non teñen que ver co semáforo, e invita a reflexionar sobre outras posibles solucións.
A raíz dos importantes atascos que se rexistraron en xullo, e despois de que dende o concello de O Grove se responsabilizase ao semáforo de As Salinas, na Lanzada, Sanxenxo decidiu apagalo en fins de semana e festivos.
Cabe sinalar que na zona hai un paso de peóns, que a marxe de que o semáforo este prendido ou apagado os coches deben respectar. Para o alcalde de Sanxenxo, a medida aplicarase todo o tempo que sexa necesaria pero admite, que ao seu entender a solución pasa por estudar outras opcións ao marxe do semáforo.
A zona soporta en días sinalados unha importante afluencia de tráfico rodado, se temos en conta os accesos a praia e a saída da vía rápida de O Salnés, e principal vía de comunicación de O Grove.