Pontevedra lanza unha campaña contra o acoso durante as festas

Pontevedra.  O Concello de Pontevedra pon en marcha unha campaña durante as festas para que a cidadanía recorra ao 091, 092 ou 112 en caso de violencia sexual. Dende o Concello pendurarán lonas en distintos puntos da cidade e haberá un punto fixo de presenza policial no edifico consistorial, en Michelena número 30.

Chegan as festas da cidade e o Concello pon en marcha unha campaña para informar e facer un chamamento a cidadanía para que se ve ou sofre algún tipo de acoso chame aos teléfonos 091, 092 e 112, teléfonos dos servizos de emerxencias.

Ademais de facer un recordatorio de que se chame á Policía Nacional, Policía Local e Emerxencias se ves ou sofres calquera tipo de acoso; o Concello despregará lonas en distintas partes da cidade con lemas como: Non te pase nin un pelo tío; Se queres ligar empeza por respectar; Se ves algo raro chama, as festas son para tod@s; Se alguén o pasa mal, non é unha festa… e inclúese un chamado específico para non permitir abusos na comunidade LGTBI, Gústeche quen che guste, a nós gústasnos ti.

Por outra banda á presenza policial que vai a haber na rúa durante os días de festas e de peñas sumarase un punto de atención directa que estará no propio Concello (Michelena, 30) ao que as persoas poderán dirixirse no caso de presenciar ou sufrir algún tipo de incidencia.